La terraza de Sada, 1976-2016

La Terraza de SADA. 1976 - 2016. 40 anos de espera. Corría o ano 1976 cando o recén creado Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impulsaba unha das suas primeiras exposición públicas na cidade Coruña. Unha exposicion dun dos edificios máis relevantes da arquitectura modernista construídos na Galicia dos primeiros anos do século XX: a Terraza de Sada. Eran tempos espesos. As sombras de 40 anos de franquismo seguían a dominar unha escena non exenta de turbulencias. Nas márxenes emerxían xeneracións de homes e mulleres que, coa mirada transformada polos valores democráticos da Europa do benestar, comenzaban a facerse preguntas sobre os nivéis de confort e de libertade individual e colectiva que eles mismos puideran observar directamente e experimentar sin censura na gran odisea da emigración das décadas dos sesenta e setenta. Tamén na experiencia cultural. Os centenares de miles de emigrantes foron, sin lugar a dudas, uns dos grandes protagonistas en tanto que intermediarios a través da transmision oral da súas propias vivencias que contribuiron decisivamente á construcción dunha nova "visión do mundo" que hexemonizaba no económico, no político, no social e no cultural as sociedades situadas a uns centos de kilómetros. Hábitos, costumes, actitudes, comportamentos, iniciativas, ideas, proxectos, ilusións, desexos ... afectaban a tódolos ordes da vida tanto na esfera individual como na colectiva, dende o máis intimo ata a mais ampla dimensión social. En 1975, en Amsterdam, aprobábase a Carta do Patrimonio Arquitectónico Europeo (Carta de Amsterdam) na que o Consello de Europa reclamaba a necesidade de prestar atencion ao inmenso patrimonio arquitectónico das vilas e cidades, mirando mais aló dos grandes monumentos, e demandando as administracions locáis un esforzo na súa protección. No Kiosko Alfonso o edificio de LaTerraza serìa protagonista durante todo o mes de agosto de 1976, dunha exposicion sin precedentes na Coruña. Os excelentes traballos fotográficos foran desarrollados en Foto Blanco e realizados por Xosé Castro, un xoven e xa avezado fotógrafo que traballaría durante moitos anos nas diversas publicacions e exposicions organizadas pola Delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A documentación histórica do arquivo municipal da Coruña, fora obxecto dunha pormenorizada investigación e selección por parte dos xóvenes arquitectos Arturo López de la Osa Jiménez e X. L. Martínez Suárez. Recén titulados na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona (1974 e 1973) tiveran a oportunidade de formarse na especial sensibilidade ante o movimento modernista dominante na escola de arquitectura en particular e na sociedade catalana en xeral a partir dos traballos de arquitectos como Basegoda Nonell e Oriol Bohigas ou do fotógrafo Leopoldo Pomés. Lopez de la Osa e Martínez Suárez foran encargados de realizar o informe no que xustificaban a singularidade do edificio no panorama arquitectónico galego e a necesidade de recoñecimento institucional de La Terraza a través da súa declaración como monumento por parte da Direccion General de Bellas Artes. La Terraza tiña como orixe un grupo de pequenas instalacións (kioskos) que inicialmente eran utilizados polos traballadores das obras portuarias, para consumo de licores e refrescos. Foran ampliándose progresivamente ata, unha vez realizados os xardins, converterse en amplios pabellóns que servían de lugar de encontro e estancia nas xornadas de ocio ao longo do recén creado Paseo do Recheo ao que tomaban como referencia na sùa ordenada disposicion. Trasladada a Sada e adquirida polos hirmans Fariña conseguíu converterse nunha referencia fundamental como restaurante, espacio de lecer e do tempo libre para a toda a comarca. Co paso dos anos ao seu indiscutible valor arquitectócnico veuse enrriquecido pola súa toma en consideración como símbolo por excelencia da vila mariñana. Sin embargo, e a pesar dos estudos, exposicions e publicacions realizados sería precisamente durante as últimas décadas do século XX cando, as iniciativas incubadas nos anos do desarrollismo, aceleraron o proceso de deterioro ante a indiferencia ou o rechazo manifesto da súa presencia por parte das diferentes administracions e institucions e ausencia de voces que reclamaran a súa recuperacion demandada polos seus propietarios. O trazado dun vial de tráfico rodado de seis carriles, a unha distancia de apenas 2 metros da fachada provocarìa a desaparicion da ampla franxa libre que ao longo de toda a fronte servira de proteccion ao edificio durante mais de 60 anos. Esta iniciativa na que as consideracions de tráfico predominaban sobre as condicions culturáis do edificio sería unha das causas que facería resentirse a fráxil estructura de madeira e vidro. Lonxe de implementar medidas de proteccion foise creando un escenario dominado por unha maior presion de tráfico rodado e un maior aillamento: vias de servizo, aparcamentos en superficie para vehículos particulares ou para transporte público, vías de gran sección de calzada... La Terraza de Sada foi sometida a unha operación de aillamento e cercado que nada tiñan que ver coa declaración europea da Carta de Amsterdam, coa súa catalogación polo Concello de Sada con proteccion monumental, nin polas razóns culturáis, arquitectónicas que se argumentaban no Informe realizado por López de la Osa e Martínez Suárez en 1976 que desencadenara a incoaccion dun expedente de proteccion pola Direccion Xeral de BBAA, e a publicacion dunha monografìa pola Xunta de Galicia (X.L. Martinez, 1985). A Terraza, 40 anos despois da Exposicion e da publicacion do COAG segue a ser obxecto de admiracion polo conxunto de cidadans e por tódolos visitantes de Sada. Só falta, como fai 40 anos, que as Administracions con competencias na creacion das condicions adecuadas para a súa supervivencia como signo de identidade cultural de Sada, asuman dunha vez por todas o rol que teñen encomendado. "Os tempos son chegados". A Lopez de la Osa. X.L. Martinez

Servizo Biblioteca

Universidade da Coruña
E.T.S. Arquitectura
Rúa da Fraga, Nº 23 - 15008 A Coruña
Teléfono: 981.16.70.00
Mostrador / Renovación de libros, extensión 5001
Dirección Biblioteca, extensión 5020
Fax. 981.16.70.55 - 5041


etsabib@udc.es